Código fonte: klavaro-3.14.tar.bz2 (1.2 MB)
Se quere obter os paquetes xa compilados ou un «port», vexa nos repositorios do seu sistema operativo. Aquí están algúns:
Windows: klavaro-3.13-win-setup.exe (11.7 MB)
Versións anteriores: sourceforge.net/projects/klavaro/files/
Cada vez máis frustrado con outras opcións que dependen principalmente duns poucos teclados específicos, Klavaro é un software libre que pretende ser independente do teclado e do idioma, aforrando memoria, tempo e diñeiro.
As características do teclado son;
Localización: ar bg bn ca cs da de el en_GB eo es eu fi
fr gl hu hr id it kk ky nb nl pa pl pt_BR pt_PT ro ru sl sr sv te
tr uk ur vi wo zh_CN
(se quere traducilo a outro idioma, vexa as instrucións para a tradución)
Preparado para empregar disposicións de teclado:
Editor da disposición do teclado: Configura a posición das teclas e gárdao como ficheiro de texto. Se falta o teclado, pode crealo. Envíenos información sobre os novos esquemas que cree.
Curso básico: Memorice a posición das teclas no teclado. Independente da disposición do teclado, por xeración de secuencias de caracteres ao chou que o usuario repetirá.
Exercicios de adaptación: Practique co teclado completo introducindo unha cadea ao chou de teclas designadas. Desenvolve a capacidade para adaptar as súas habilidades de dixitación a calquera tipo de palabras estrañas que poidan aparecer nalgúns textos.
Exercicios de velocidade: Adquirese cando se escribe nun ambiente ou idioma ben coñecido. Aínda que a aplicación non admita o seu idioma aínda pode indicar textos en calquera idioma para incluír as palabras contidas no mesmo.
Exercicios de fluidez: Escriba parágrafos completos con frases con bo sentido. Os erros ortográficos deben corrixirse antes de continuar. Préstaselle unha atención especial ao ritmo, co obxectivo de ser o máis uniforme posíbel. Cargue ficheiros de texto, independentemente do idioma.
Gráficos de progreso: Na fin de cada exercicio completado, gárdanse algunhas características do seu rendemento e poden seren amosadas graficamente. Así, pódese ver facilmente o progreso (ou regreso) da súa aprendizaxe.
Inclusión doutros textos: Facilidade para importar textos externos para usalos cos módulos mais avanzados (velocidade / fluidez). Pode iniciarse un diálogo habitual de escolla de ficheiros locais do sistema; pódese pegar texto copiado no portapapeis; ou tamén, pódese seleccionar, arrastrar e soltar texto dentro da caixa de entrada na parte inferior da xanela do titorial.
Concurso semiconectado: O último módulo de adestramento clasifica aos usuarios por niveis de acordo coas súas habilidades para escribir. A clasificación faise só a nivel local, para os usuarios dunha máquina compartida ou pódense enviar os datos a un servidor web, fornecendo unha clasificación global dispoñíbel para o público. Facendo da plataforma un xogo «en liña».
Interface gráfica limpa: Prestar atención aos medidores de velocidade, erros, tempo ou un teclado virtual flotando diante do alumno quita a concentración na tarefa en cuestión para os principiantes. A súa principal preocupación debería ser a de memorizar as posicións clave pola súa natureza táctil e non visual. Klavaro ten unha interface sinxela e seguirá sendo así.